O 3 de novembro non haberá recollida de cartón porta a porta en Ribadeo.

O 3 de novembro non haberá recollida de cartón porta a porta en Ribadeo.

O vindeiro martes, 3 de novembro, non haberá recollida de cartón comercial en Ribadeo debido á celebración da festividade de San Martín de Porres, patrón dos traballadores dos servizos de limpeza e dos varredores. A recollida de cartón porta a porta retomarase o xoves, día 5. 

Desde a Concellería de Medio Ambiente lembran ademais que o punto limpo estará pechado os días 30 de outubro e 2 de novembro por razóns organizativas na primeira das xornadas e pola celebración de San Martín de Porres na segunda. 

Ir o contido