A exhibición será a partires das 19 horas.

No evento deportivo participarán alumnado e profesorado das Escolas de Ribadeo e Vegadeo.

A exhibición está organizada pola asociación EO DO Jiu Jitsu Comarca del Eo e FEJJYDA coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Participaron na presentación o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico de Deportes, Iván López, e Miguel Ángel Villanueva, presidente da asocicación EO DO Jiu Jitsu Comarca del Eo.