O 25 de outubro terá lugar unha nova saída do programa Muller e Benestar: Tempo para Ti do Concello de Ribadeo.

O 25 de outubro terá lugar unha nova saída do programa Muller e Benestar: Tempo para Ti do Concello de Ribadeo.

O vindeiro 25 de outubro terá lugar unha nova saída do programa Muller e Benestar: Tempo para Ti do Concello de Ribadeo. Será ás Termas de Cuntis. 

Desde o CIM explican que “é a segunda excursión que organizamos este ano dentro do programa, pensado para ofrecer ás mulleres de Ribadeo un espazo de descanso, coidado e tamén para compartir unha xornada diferente”.

A saída será ás 8:30 horas desde a Escola de Música e o Concello de Ribadeo faise cargo do transporte.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, contou que “as asistentes poderán escoller entre dúas opcións: acceso ao spa por 17 euros ou acceso ao spa e comida por 42 euros. En total son 50 as prazas dispoñibles. As inscricións poden realizarse no CIM de Ribadeo, no Auditorio Hernán Naval, 14, desde o hoxe mesmo, 25 de setembro, e ata o 15 de outubro, ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982 120 739”.

E engadiu: “se vos apetece acompañarnos, xa podedes reservar a vosa praza. Será unha boa ocasión para facer unha pausa e dedicar un día ao benestar e ao descanso”.

Ir o contido