Nuns días darán comezo as obras de mellora dun novo treito da estrada da costa.

Nuns días darán comezo as obras de mellora dun novo treito da estrada da costa.

Nuns días darán comezo as obras de mellora dun novo treito da estrada da costa. O investimento ascende a 360.000 euros financiados pola Xunta de Galicia. 

O alcalde, Dani Vega, indicou que “seguimos mellorando e investindo nas nosas infraestruturas. Neste caso, vamos investir 360.000 euros no ensanche e na mellora da estrada da costa e tamén da circunvalación de Rinlo. É unha infraestrutura que levaba moitos anos abandonada, levábamos reivindicando por activa e por pasiva investir para mellorar esta estrada, onde convive perfectamente o tráfico rodado é a práctica de deporte, de relaxación, e polo tanto é un entorno natural que debemos conservar. É tamén unha carta de presentación de Ribadeo, é unha imaxe tamén que trasladamos e debíamos investir. Son 360.000 euros que financia a Xunta de Galicia”.  

O rexedor anunciou que “comezarán as obras, que xa están licitadas, nos próximos días e seguimos investindo nas infraestruturas. Nesta estrada da costa, xa investimos nun tramo, dende Vilaselán a Rinlo, 370.000 euros  e aquí axudounos o Plan Único da Deputación. Entón xestionar das administracións, investir para mellorar as nosas infraestruturas, claramente que é a nosa obriga,  é o noso traballo constante e continuo para mellorar as infraestruturas e así pouquiño a pouco ir avanzando”. 

Vega explicou que “neste caso son tramos que levan abandonados moitísimo tempo, no entorno das cetarias todos somos conscientes de que é complicado pasar ou no entorno do labirinto, onde hai unha pista aínda de terra, ou o acceso a Rinlo ou a variante, que en si é un bache constante. Era moi necesario investir aquí, levamos 2 anos, evidentemente todo non se pode facer de golpe, pero en 2 anos vamos ter toda a costa arranxada e así ir investindo noutras parroquias. Nestes momentos está planificado o Agader da Xunta, o Plan Único,  e tamén todos eses convenios que estamos executando nestes momentos”. 

E engadiu: “pouco a pouco vamos investindo, vamos mellorando e vamos chegando a todos os puntos onde hai unha dificultade ou onde certamente as infraestruturas levan tempo abandonadas”.

Ir o contido