Novas roturas na rede de abastecemento de auga. O alcalde pediu disculpas e ofreceu colaboración ás persoas e explotacións gandeiras afectadas.

Novas roturas na rede de abastecemento de auga.

Novas roturas na rede de abastecemento de auga. O alcalde, Dani Vega, pediu disculpas polas molestias ocasionadas, ofreceu colaboración aos posibles afectados e subliñou que todo isto quedará solucionado coa renovación da rede, obra que será adxudicada en breve pola Xunta de Galicia. 

O rexedor dixo: “rotura tras rotura da tubaxe da nosa rede de abastecemento da auga. Todos somos conscientes, éramos coñecedores, de como se atopaba toda a tubaxe e por iso a importancia de saber priorizar, de saber xestionar e decidir as obras fundamentais para Ribadeo. O abastecemento da auga, 8,5 millóns de euros, 7,5 millóns de euros que xestionou este Concello para comezar as obras de mellora”.  

Vega explicou: “e nestes momentos é o que está pasando case todos os días, e que está rompendo constantemente toda a tubaxe e agora temos problemas de abastecemento en certos puntos do noso concello. Pedimos desculpas, estamos colaborando con todos para, se hai algún tipo de problema, nunha gandería ou unha casa que haxa problemas de consumo, o Concello está colaborando con eles. E tamén está colaborando de primeira man con a empresa que xestiona nestes momentos, que é Viaqua. Estamos colaborando con eles para buscar unha rápida solución. Pero a solución máis rápida e a solución máis importante que este Concello fixo foi a xestión da auga e que nestes momentos estamos a poucos días de que a Xunta adxudique esta obra tan importante”.

O alcalde insistiu en pedir disculpas aos afectados: “pero teño que trasladar, e é a miña obriga, pedir disculpas, ser conscientes do problema que, desde que chegamos ao goberno sempre o dixemos, hai un 95 % de posibilidades de quedar sen auga, hai un 95 % de posibilidades de que todo o concello teña un problema moi importante de tubaxe, non así de recurso hídrico, senón de tubaxe. Isto había que facelo hai moitísimo tempo, houbo 20 anos para facelo, parece que ninguén decidiu xestionar orzamento para solucionalo. E por iso estas constantes roturas na rede hídrica, á que lle estamos poñéndo parches nestes momentos. Pero a gran solución foi xestionar a renovación de toda a tubaxe, que son 8,5 millóns de euros e espero que nos próximos días xa adxudique a Xunta de Galicia”.

Dani Vega agradeceu o intenso e o rápido traballo realizado polos operarios de Viaqua.

Ir o contido