Ribadeo aposta pola modernización da Avenida de América e solicita a colaboración económica da Xunta de Galicia.

041225 Foto xuntanza conselleira Vivenda e Infraestruturas

O alcalde, Danie Vega, contou que “mantivemos unha reunión de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para abordar distintas cuestiones. Unha delas, a primeira que lle trasladamos é a modernización e a mellora da Avenida de América. Solicitámoslle unha colaboración de 350.000 euros e é para modernizar, para mellorar un acceso importante a Ribadeo, tamén unha boa comunicación, un bo acceso ao novo centro de saúde”.

O rexedor anunciou que “en febreiro entregaremos xa o proxecto e a partir desde aí vamos ver a colaboración que vai ter a Xunta de Galicia. Temos moitas esperanzas. Modernizar un dos accesos máis importantes de Ribadeo, tendo en conta que aí vai estar o novo Centro de Saúde, creo que é importante modernizar e mellorar unha vía de comunicación fundamental”.

E engadiu: “tamén lle trasladamos distintas melloras de infraestruturas en Ribadeo nas que estamos traballando e tamén en materia de vivenda. Foi unha reunión produtiva. Nos próximos días tamén vamos ter novidades en materia de vivenda en Ribadeo. Pouco a pouco vamos traballando e vamos mellorando para que Ribadeo siga avanzando”.

Ir o contido