Terá lugar a partir das 10:30 horas no Campamento Xuvenil da Devesa.

Medio milleiro de participantes se darán cita este sábado, día 13, no Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26, que terá lugar a partir das 10:30 horas no Campamento Xuvenil da Devesa. Alí vaise habilitar un aparcadoiro no interior desas instalacións para facilitar a asistencia a este evento deportivo.

A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou que “seguimos albergando competicións deportivas en Ribadeo, que son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería. Este sábado, día 13 de decembro, celebrarase o Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26 no Campamento Xuvenil da Devesa”. E engadiu: “estamos moi contentos de acoller este tipo de eventos en Ribadeo”.

Na presentación, que tivo lugar hai uns días, participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o técnico de Deportes do Concello ribadense, Iván Rodríguez, a presidenta do Club Atletismo Ribadeo, Ana Ferradás, e Rubén García, secretario de A.D.E. A Mariña.

Ir o contido