Terá lugar na Biblioteca Pública Municipal “EL Viejo Pancho” de Ribadeo

Martín Barreiro presentará o seu libro “El extraordinario Planeta A. ¡Nos importa el cambio climático!” na Biblioteca Pública Municipal “EL Viejo Pancho” de Ribadeo.

O meteorólogo e experto en comunicación sobre cambio climático Martín Barreiro presentará o seu libro “El extraordinario Planeta A. ¡Nos importa el cambio climático!” na Biblioteca Pública Municipal “EL Viejo Pancho” de Ribadeo.

O libro, orientado ao público infantil, ofrécenos información rigorosa acompañada dunhas ilustracións moi coidadadas sobre os problemas que ocasiona o cambio climático no noso medio.

A Concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a nenos e adultos a asistir á presentación, xa que “é unha ocasión para traballar a conciencia ecolóxica e o coidado do medio ambiente da man dun comunicador que conta cunha sólida formación científica. Con esta actividade pretendemos achegar a ciencia a todos vós e combatir a desinformación e os bulos sobre o cambio climático, pois son unha problemática real que pode dificultar a comprensión e a adopción de medidas para abordar este problema.”

O acto terá lugar o xoves 8 de maio, ás 17:30 horas, na Biblioteca Municipal de Ribadeo.

Ir o contido