Marta Saiz asistiu en Toledo ao acto de entrega dos Premios Nacionais de Comercio.

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, asistiu en Toledo este mércores ao acto de entrega dos Premios Nacionais de Comercio. Acisa recibiuno na categoría de Centros Comerciais Abertos.
A edil ribadense contou que “tiven a oportunidade de acompañar a Carmen e a Jesús nun día tan importante para Acisa Ribadeo. Felicitar a todo o comercio, felicitar a Carmen e a toda a directiva actual, pero tamén a todas as anteriores por toda unha traxectoria. E como non, felicitar a Jesús. Este premio non deixa de ser un recoñecemento ao traballo, ao esforzo, á constancia, ao bo facer e á eficacia á hora de administrar recursos”.
Marta Saiz subliñou: “entre todos seguiremos traballando e apoiando ao sector para que o comercio local, o comercio de proximidade siga sendo un valor seguro e enchan de luz e de vida as rúas para que Ribadeo siga crecendo na dirección correcta”.

