Mañá, 17 de novembro, ábrense as inscricións para participar na XXXV San Silvestre Ribadeo.

Mañá, 17 de novembro, ábrense as inscricións para participar na XXXV San Silvestre Ribadeo. O prazo estará aberto ata o 25 de decembro en www.championchipnorte.com

A saída da mini San Silvestre para nenas e nenos menores de catro anos será o 31 de decembro ás 16:40 horas; para as nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos a proba dará comezo ás 16:45 horas; e ás 16:50 horas será a saída da milla para a rapazada de 8 a 11 anos.

Para as 17 horas está prevista a saída da San Silvestre. Haberá premios en metálico e trofeos para os gañadores e gañadoras, realizados pola Asociación Saúde Mental A Mariña. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a nenos e adultos a participar un ano máis na San Silvestre de Ribadeo para despedir o ano de xeito saudable, facendo deporte todos xuntos”.

Na presentación da San Silvestre participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
A XXXV San Silvestre está organizada polo Concello de Ribadeo. Colaboran: Gadis e Eroski.

Ir o contido