Inaugurados en Ribadeo o alumeado e o Mercado do Nadal

Esta tarde foron inaugurados en Ribadeo o alumeado e o Mercado do Nadal. Moitos foron os veciños e veciñas que se achegaron ás Catro Rúas para asistir ao acendido, que contou con panxoliñas interpretadas por Ribadeo canta o Nadal. O alcalde, Dani Vega, foi o encargado de realizar a conta atrás.

Estivo acompañado polo seu equipo de goberno. Ao acto asistiron representantes de Acisa.

A comitiva percorreu despois os postos do XX Mercado do Nadal, que estará aberto no Campo de San Francisco ata o 8 de decembro.

Ir o contido