Hoxe tivo lugar a primeira xuntanza da comisión de estudo da bandeira de Ribadeo.

Hoxe tivo lugar a primeira xuntanza da comisión de estudo da bandeira de Ribadeo.

O alcalde, Dani Vega, dixo que “mantemos a primeira reunión de traballo da comisión de estudo da bandeira de Ribadeo, onde hai que agradecer a todos os grupos da Corporación o apoio. Houbo unha unanimidade absoluta no acordo plenario e nos desde logo comezamos a traballar con todos e tamén convidamos a esta comisión de estudo e de análise para concretar a bandeira que nos vai a representar a todos os ribadenses”.

O rexedor tivo palabras de agradecemento para os asistentes: “agradezo o traballo que vai desenvolver o Instituto Padre Sarmiento, o Consello da Cultura Galega e a Comisión de Heráldica, que pertence á Dirección Xeral de Administración Local da Xunta, e tamén de forma moi profunda ao cronista oficial da vila. Creo que é moi importante contar coa opinión de Eduardo Gutiérrez, unha persoa que coñece perfectamente a historia de Ribadeo, todo o que ten que representar a bandeira local e queremos contar coa súa opinión formada, unha opinión que acredita ese legado histórico que ten moi presente de Ribadeo, e nós como Corporación traballaremos para conseguir ese consenso esperado”.

Vega confía “plenamente en que traballemos con esa disposición a Ribadeo e para aquilo que representa unha bandeira, agardo que lle poñamos todo o empeño”.