Houbo unha mesa redonda e a inauguración dunha exposición fotográfica.

O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu hoxe unha mesa redonda sobre a figura do ex presidente Leopoldo Calvo-Sotelo. Deste xeito continuaron as celebracións polo centenario do seu nacemento.
O alcalde, Dani Vega, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes, entre os que se atopaban fill@s, net@s e amigos de que fora presidente do Goberno, alcalde honorario de Ribadeo e tamén fillo adoptivo, ex alcaldes como Antonio Martínez e José Carlos Rodríguez Andina, as concelleiras de Cultura e de Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saíz, así como representantes da vida social ribadense.
Víctor Calvo-Sotelo deu paso á mesa redonda na que interviñeron José Vidal Pelaz López e Pablo Pérez López, autores do libro Consolidar la Democracia, el gobierno de Leopoldo Calvo-Sotelo, catedráticos de Historia Contemporánea da Universidade de Valladolid e Navarra, respectivamente. E Jorge Lafuente, profesor de Historia e Instituciones Económicas da Universidade de Valladolid. O acto estivo centrado no que supuxo a figura de Calvo-Sotelo para a política española e a recén estreada democracia.
Xa a mediodía foi inaugura unha exposición fotográfica, que estará todo o verán na Praza Pancho Maseda. A familia de Leopoldo Calvo-Sotelto escolleu un conxunto de fotografías para achegar ás persoas que a visiten ás distintas facetas da vida do presidente. A exposición foi presentada pola súa filla, Pilar Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, que pronunciou un discurso moi emotivo no que subliñou a vinculación da súa familia con Ribadeo. A xornada de celebracións rematou coa actuación musical dun grupo de profesores da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Vega fixo unha valoración moi positiva deste día e agradeceu a colaboración da familia Calvo-Sotelo para poder montar a exposición fotográfica.
Xa o pasado 14 de abril deron comezo en Ribadeo os actos conmemorativos cunha ofrenda floral no cemiterio municipal e un pleno extraordinario no que se declarou este 2026 como o ano dedicado a Leopoldo Calvo-Sotelo.

