Dani Vega destacou que se trata “dun exemplo de conservación de todo este espazo natural, que é un pulmón fundamental para Ribadeo”.

novo miradoiro

O rexedor declarou: “doulle as grazas á subdelegada do Goberno por entender que hai que ter esta colaboración entre administracións, iso é o que da resultado. As polémicas nosoutros evitámolas en todos os sentidos. Esa colaboración coas administracións está dando resultados. Este proxecto que Costas coordinou perfectamente co Concello de Ribadeo, que combina espazo verde e natural con madeira, conxuga perfectamente o que é Galicia”.

Vega dixo que “nosoutros debemos ser agora os encargados de conservar, por iso cando se crean estes espazos debemos ser conscientes de que debemos coidalos, mimalos e tratalos ben. Entre todos estamos a facer grandes cousas, non nos imos quedar neste miradoiro simplemente, senón que xa estamos trazando algún máis par ir coidando e mimando eses espazos abandonados, que non son o reflexo dun punto turístico, senón que son puntos que están degradados e nós debemos investir, goberne quen goberne. Neste caso a Subdelegación do Goberno está a entender que debemos colaborar conxuntamente nisto e noutras cousas e espero que iso se vaia traducindo en resultados, non quedarse en palabras bonitas ou valeiras, senón que haxa contido en toda a colaboración que teñan as administracións”.

Para o alcalde “este miradoiro é un exemplo de conservación de todo este espazo natural, que é un pulmón fundamental para Ribadeo”.

Dani Vega tamén fixo unha valoración positiva do anuncio realizado hoxe en Ribadeo por Isabel Rodríguez: a saída a información pública proximamente da ampliación do paseo entre o Muíño das Aceas e a Ponte da Viña. Quilómetro e medio máis que se sumará ao xa existente.