Homenaxe a Xusto Moreda hoxe en Ribadeo e Cedofestiña mañá, día 22. 

Homenaxe a Xusto Moreda hoxe en Ribadeo e Cedofestiña mañá, día 22.

Homenaxe a Xusto Moreda hoxe en Ribadeo e Cedofestiña mañá, día 22. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “desta fin de semana compre destacar dúas actividades relacionadas coas artes plásticas. Primeiro, a homenaxe a Xusto Moreda, que terá lugar hoxe ás oito da tarde na Rúa San Roque, que consistirá no descubrimento dunha placa conmemorativa, haberá un acto literario e a actuación da Banda de Música de Ribadeo”. 

E engadiu: “mañá, dia 22, a Asociación As Vacas Fracas convida á veciñanza a participar na Cedofestiña, na casa grande de Cedofeita, con obradoiros, exposicións, música e outras actividades entorno ás artes plásticas. Grazas ás Vacas Fracas por organizar este encontro, no que colabora o Concello. E vémonos todos nestas dúas actividades que teñen a arte como nexo de unión”.

Ir o contido