Ribadeo acollerá a Gravel Rebels de ciclismo o vindeiro 24 de outubro. Está organizada por Galician Gravel Cycling, que conta coa colaboración do Concello.

Ribadeo acollerá a Gravel Rebels de ciclismo o vindeiro 24 de outubro. Está organizada por Galician Gravel Cycling, que conta coa colaboración do Concello.
A inscrición está aberta ata o día 23 e hai tres modalidades: Gravel Rebels track grande; solo menú picoteo acompañante + 1 extra; e Gravel Rebels track pequeno
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “os amantes do ciclismo teñen unha importante cita o vindeiro 24 de outubro en Ribadeo coa Gravel Rebels na que se darán cita un máximo de 60 participantes. O aforo destas convocatorias é moi limitado. As saídas fanse en varios grupos de forma escalonada”.
Os organizadores explicaron que “é unha modalidade recente que ten aspectos de aventura, integradora e inclusiva, que conectará Galicia con Asturias. Os participantes gozarán dunha ruta e dunha proposta diferente de coñecer un sitio e un terreo a través de rutas en gravel, con almorzo brunch, agasallados, dous tracks revisados e un menú picoteo ao remate nun ambiente relaxado”.

