Galicia Sabe Amar estará mañá, 31 de decembro, na rúa San Francisco, de Ribadeo.

A foodtruck Galicia Sabe Amar estará mañá, 31 de decembro, en Ribadeo enchendo de sabor o último día do ano.

Ofrecerá degustacións gratuítas de produtos do mar entre as 12 e as 15:00 horas na rúa San Francisco. O alcalde, Dani Vega, anima “a despedir o ano saboreando as exquisitas preparacións que nos ofrecerá, unha vez máis en Ribadeo, Galicia Sabe Amar. Durante tres horas as persoas que o desexen poden achegarse pola rúa San Francisco”.

Ir o contido