Éxito do Campus de Tecnificación de Baloncesto The Basket Dream Breogán, que tivo lugar en Ribadeo do 6 ao 11 de xullo.

Éxito do Campus de Tecnificación de Baloncesto The Basket Dream Breogán, que tivo lugar en Ribadeo do 6 ao 11 de xullo.

Éxito do Campus de Tecnificación de Baloncesto The Basket Dream Breogán, que tivo lugar en Ribadeo do 6 ao 11 de xullo. Foi organizado por The Basket Dream e o CB Ría de Ribadeo. A cita contou coa colaboración do Concello, Caja Rural e Tukán.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, comentou que “foi unha semana dedicada ao baloncesto, á aprendizaxe e á convivencia, deseñada para que os mozos e mozas se desenvolvan a través do deporte, compartindo valores, creando amizades e vivindo experiencias inesquecibles”.

E engadiu: “entre os asistentes houbo moito nivel e xurdiron dúas ofertas de becas, unha masculina e unha feminina, para formarse en Estados Unidos. Participaban competidores de toda Galicia dos Campus The Basket Dream Breogán. Grazas a todas e todos por participar e a The Basket Dream Breogán e ao CB Ría de Ribadeo polo traballo realizado. Agardamos seguir con este interesante campus de baloncesto o vindeiro ano”.

Ir o contido