Éxito das escolas deportivas de Ribadeo ás que acoden este curso 517 rapazas e rapaces.

Éxito das escolas deportivas de inverno do Concello de Ribadeo ás que acoden este curso 517 rapazas e rapaces.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “son 13 as modalidades ofertadas: baloncesto, fútbol, fútbol sala, tenis, ximnasia rítmica, patinaxe, tenis de mesa, natación, atletismo, hockei liña, bádminton, xadrez e padel. E en total son 517 rapaces e rapazas os que acoden ás escolas deportivas do noso Concello ás que destinamos máis de 65.000 euros”.
E engadiu: “estamos moi satisfeitos coa acollida. Agardamos que disfruten do deporte e que se empapen dos seus valores”.
O inicio das escolas tivo lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e a súa finalización será entre o 15 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nad@s desde 2013 ata 2022, ambos incluídos.
As escolas deportivas de inverno foron presentadas o pasado mes de setembro polo concelleiro de Deportes e polo técnico municipal de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López.

