Éxito da Festa do Percebe que hoxe se celebrou en Rinlo.

Éxito da Festa do Percebe que hoxe se celebrou en Rinlo.

O alcalde, Dani Vega, fai unha valoración moi positiva da Festa do Percebe, que hoxe se celebrou en Rinlo: “foi un éxito de participación un ano máis”. 

O evento desenvolveuse con normalidade. O rexedor tivo palabras de agradecemento “para a organización por todo o traballo que hai detrás dun evento gastronómico destas características, que promociona un produto do noso mar e unha forma de vida”.

Pola Festa do Percebe pasaron o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o deputado provincial Antonio Ameijide, que estiveron xunto ao rexedor e ás concelleiras Begoña Sanjurjo e Marta Saiz.

Ir o contido