Seis equipos galegos e asturianos daranse cita en Ribadeo este sábado, día 18 de maio, nunha exhibición organizada polo club de karate local
Seis equipos de Galicia e Asturias daranse cita en Ribadeo este sábado, día 18 de maio, nunha exhibición organizada polo club de karate local.
A cita comezará ás doce de mediodía no pavillón municipal de deportes da avenida de Luarca. Na mesma participarán os clubs de karate de Tapia, Castropol, Foz, Lourenzá, Burela e Ribadeo, que reunirán a 120 deportistas.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, considera que “é interesante para Ribadeo acoller estes eventos deportivos” e anima a asistir a esta exhibición a todas as persoas afeccionadas a esta disciplina deportiva.
Colaboran cos organizadores a Concellería de Deportes de Ribadeo, a Federación Galega de Karate e Karate Do Shito-Kai Asturias-Galicia.