O evento gastronómico foi presentado pola concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, e polo alcalde, Dani Vega.

ribadeo_tapeo24

O vindeiro sábado, 20 de abril, e prolongarase ata o día 28. Serán 26 petiscos que escenifican o bo facer e a creatividade da hostalaría de Ribadeo”. 

Saiz subliñou que “neesta edición queremos dar un paso máis e ligar a nosa gastronomía co territorio creando unha nova categoría de tapa máis sostible. E como primeiro  paso quixemos establecer como requisito que os petiscos fosen elaborados nun 50% con produto local e que a organización comprobará a través da trazabilidade dos alimentos. Aproveito a ocasión para agradecer a colaboración de Eo Alimenta, que proporcionou asesoramento á hostalería e posibilitou unha rede de contactos entre os hostaleiros e as persoas produtoras da zona. Ademais con esta nova categoría desexamos poñer en valor a produción local e agroecolóxica apostando pola sustentabilidade nos tres eixos: o ambiental, o social e o económico”. 

A concelleira de Turismo e Comercio dixo que “desde o Concello de Ribadeo desexamos que esta iniciativa sexa o inicio cara un camiño de alimentación máis sostible ao mesmo tempo que Ribadeo de Tapeo continúe sendo o escaparate da nosa hostalería e da súa profesionalidade e que ademais abandeire unha das ocasións para a dinamización diaria da veciñanza e serva como escusa para pasear polas nosas rúas, visitar o noso comercio e xuntarnos nos bares de sempre coa xente de sempre, unha boa maneira de levantar os ánimos e o apetito a ritmo de cociña”. 

A maiores da tapa + sostible, no Ribadeo de Tapeo tamén haberá propostas doces, veganas, vexetarianas e sen glute. Os premios serán outorgados por un xurado profesional e tamén polo público, que poderá votar nas urnas que atopará nos locais participantes ou a través da aplicación do Ribadeo de Tapeo na que deberá rexistrarse. Para poder votar será obrigatorio ter degustado 5 tapas, para elo deberán ir selando o cartón ou para aquelas persoas que desexen votar a través da aplicación deberán ir escaneando as tapas que degusten a través do QR que atoparán en cada local. As  persoas que participen poderán acceder a moitos premios.