Esta primeira fin de semana de agosto os Puntos Violeta estarán presentes na Festa do Percebe e na Xira de Santa Cruz.

Esta primeira fin de semana de agosto os Puntos Violeta estarán presentes na Festa do Percebe e na Xira de Santa Cruz.

A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), continuará un verán máis coa instalación dos Puntos Violeta nas celebracións máis multitudinarias do municipio, promovendo unhas festas seguras, libres de violencias machistas e baseadas no respecto e na igualdade. Esta primeira fin de semana de agosto os Puntos Violeta estarán presentes na Festa do Percebe e na Xira de Santa Cruz. 

O horario de funcionamento en ambos casos, tanto en Rinlo como en Santa Cruz, será de 18:00 a 22:00 horas. 

Desde o Centro de Información ás Mulleres lembran que “un Punto Violeta é un espazo seguro de información, sensibilización e atención fronte ás violencias machistas. Un lugar ao que podes achegarte se precisas información, se sofres ou ves unha situación de acoso ou agresión, ou simplemente se necesitas apoio. O equipo do Punto Violeta estará á disposición de toda a cidadanía para informar, orientar e acompañar, contribuíndo a que todas as persoas poidan vivir as festas con liberdade, respecto e seguridade. Porque a diversión nunca pode ir da man da violencia. Achégate ao Punto Violeta. Estamos para axudar”.

Ir o contido