Ribadeo organiza unha nova edición dos Encontros de Familias, que terán lugar os días 23 de maio, 6 e 13 de xuño.

Ribadeo organiza unha nova edición dos Encontros de Familias, que terán lugar os días 23 de maio, 6 e 13 de xuño.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, explica que “os Encontros de Familia son un espazo para reflexionar e compartir experiencias. Nesta segunda edición contaremos coa colaboración da Asociación Guillem Veiga Iglesias”.
O programa deste 2026 inclúe tres encontros:
-Sábado 23 de maio: Comprender a conduta
-Sábado 6 de xuño: Relacións e conflitos sociais
-Sábado 13 de xuño: Responsabilidade e autonomía
Sierra subliña que “nestes encontros reflexionaremos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo benestar emocional e social das nosas crianzas”.
A edil ribadense engade que “estes encontros son gratuítos e terán prazas limitadas que serán reservadas por orde de inscrición. Para mais información as persoas interesadas poden contactar por telefono ou whatstapp no 672 98 64 76 ou no mail drogodependencias@ribadeo.gal”.
Os Encontros de Familias serán no centro socio comunitario, sito na Rúa Ibáñez (detrás do Concello) en horario de 11:30 a 13:30 horas.

