En Ribadeo deron comezo as obras da renovación da tubaxe da rede de abastecemento da auga, que suporán un investimento de 7,5 millóns de euros.

En Ribadeo deron comezo as obras da renovación da tubaxe da rede de abastecemento da auga, que suporán un investimento de 7,5 millóns de euros. O alcalde, Dani Vega, subliña que é a actuación máis importante dos últimos vinte anos.
O rexedor explicou que “comezaron as obras da renovación da tubaxe da rede de abastecemento da auga, que procede de Vilarbetote. Estamos moi contentos, estamos satisfeitos do traballo que se fixo durante estes anos. Foi unha xestión dura, pero sendo constantes, sendo un goberno serio que marca as súas prioridades e dentro desas prioridades, desa xestión, este Concello xestionou 7,5 millos de euros. Ese é un orzamento moi importante, a inversión máis importante nos últimos 20 anos é a rede de abastecemento actual”.
Vega ten palabras de agradecemento para a administración galega: “agradecer á Xunta de Galicia a dispoñibilidade desde un punto de vista económico, por que aporta o 80%, pero tamén desde un punto de vista técnico, xa que Augas de Galicia asesorounos constantemente para conseguir estes recursos e así comezar canto antes as obras”.
O alcalde confirmou que as obras comezaron no día de onte: “van ser unhas obras que durante estes 15 meses vamos ter moito traballo, pero parécenos importante traballar coordinadamente, é dicir Augas de Galicia e Concello de Ribadeo. Eu agradezo todo o traballo que se está facendo desde un punto de vista técnico, porque ten moitas dificultades, ten moitos problemas, pero entre todos vamos facer posible que unha obra tan importante para Ribadeo, unha obra tan necesaria para Ribadeo sexa unha realidade. Démonos conta que nestes momentos estamos perdendo por encima do 20% da auga, que estamos tendo roturas constantes e iso convértenos evidentemente, en malos xestores da auga. Nestes momentos Ribadeo ten problemas de abastecemento da auga, temos moitas avarías, eu sempre dixen que unha avaría por día e ás veces máis dunha por día e tamén outro problema a maiores, xa que en moitos puntos chega con moi pouca forza”.
O rexedor dixo que “todo isto vámolo corrixir e isto cómo se fai? empezando polo principio, cubrindo a necesidade económica, houbo que xestionar ese 7,5 millóns de euros, senón sería imposible esta obra, marcando as prioridades dun goberno e por iso eu sempre defendín que a renovación da tubaxe da auga dende Vilarbetote e Ribadeo era algo prioritario e o primeiro que tiñamos que facer. Dende a oposición sempre o dixemos e cando chegamos ao goberno estamos cumprindo”.
E engadiu: “as obras comezaron, durante estes 15 meses vai haber evidentemente moita obra, moito traballo e entre todos imos conseguilo grazas a Augas de Galicia, que estamos coordinados con eles, tamén ao Concello de Trabada, entre todos vamos facer posible que nos sintamos orgullosos dunha obra fundamental, dunha obra prioritaria e dunha obra que marca o futuro de Ribadeo non soamente a corto prazo, que tamén, pero tamén a largo prazo para posibilitar o desenvolvemento de Ribadeo. Se queremos máis empresas, se queremos máis vivendas, é fundamental ter recurso hídrico, ter esta tubaxe, esta renovación conseguida, e así ir traballando nos próximos anos e seguir investindo en algo que é fundamental, o recurso da auga”.

