En Ribadeo arrincou o Mercado dos Domingos con moi boas expectativas e vendas.

En Ribadeo arrincou o Mercado dos Domingos con moi boas expectativas e vendas.

Na xornada de onte arrincou con éxito de vendas na contorna da Praza de Abastos, de Ribadeo, unha nova edición do Mercado dos Domingos. Unha cita na que o protagonista é o produto de proximidade e de calidade. “Con este Mercado dos Domingos poñemos en valor unha forma de vida, que ademais neste 2025 conxugamos co Camiño Norte”, explicou o alcalde, Dani Vega. 

O rexedor e a concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, realizaron unha visita ao Mercado dos Domingos polo que tamén pasou Ángel Trabada, vicepresidente da Federación Española de Amigos do Camiño de Santiago. 

O Mercado dos Domingos seguirá ata o 12 de outubro. 

Ir o contido