Ducias de persoas participaron este sábado na II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro

Ducias de persoas participaron este sábado na II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro, organizada pola Asociación Española de Loita contra o Cancro. A saída tivo lugar pouco despois das once da mañá polo parque de San Francisco, rúa Villafranca del Bierzo e Avenida Calvo Sotelo para seguir ata a Illa Pancha e volta ao punto inicial.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída.
Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza.
A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.

