Do 29 de xuño ao 6 de xullo terán lugar as antevésperas e as vésperas do X Ribadeo Indiano, que inclúen teatro, música e presentacións de libros.

Do 29 de xullo ao 6 de xullo terán lugar as antevésperas e as vésperas do X Ribadeo Indiano, que inclúen teatro, música e presentacións de libros. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “a décima edición do Ribadeo Indiano está a punto de comezar. Este domingo, 29 de xuño, ás oito e media da tarde no auditorio municipal  teremos a antevéspera. Poderemos gozar da representación teatral  Boa sorte, mala fama  coa fantástica compañía Tarabela Creativa”. 

A edil ribadense contou que “a fin de semana seguinte teremos tres cousas importantes. O venres 4 de xullo a presentación do libro O rey de los Jíbaros, a cargo do autor Suso Martínez ás oito e media na biblioteca. O sábado 5 de xullo haberá un concerto da Banda Filarmónica de Lugo ás oito e media no auditorio. E o domingo 6 de xullo teremos algo especialmente preparado para os nenos. Será a presentación do libro dos Bolechas Ribadeo Indiano coa presenza dos bonecos, que terá lugar no quiosco do Parque de San Francisco”. 

Sanjurjo engadiu: “esperámosvos a todos nas vésperas e nas antevésperas do Ribadeo Indiano”. 

Ir o contido