Deu comezo a sexta edición do Camiño Gastronómico do Mar en Ribadeo.

Deu comezo a sexta edición do Camiño Gastronómico do Mar en Ribadeo.

En Ribadeo deu comezo a sexta edición do Camiño Gastronómico do Mar, que organizan a asociación Amigos do Camiño do Mar e a OPP7 Porto de Burela.

No Salón dos Alcaldes tivo lugar a recepción aos participantes ofrecida polo alcalde, Dani Vega, pola concelleira de Turismo, Marta Saiz, e por Manuel Vicente e Sergio López, das entidades organizadores. Desde o Concello agradeceron que un ano máis Ribadeo fose o inicio desta iniciativa e desexáronlles “bo camiño”.

Tras este acto houbo foto nas escaleiras do Concello de Ribadeo. Por diante uns cantos quilómetros de andaina ata chegar a Barreiros, final da etapa do día de hoxe.

Ir o contido