Dani Vega anima a aproveitar o Black Friday e as panchas.

O alcalde, Dani Vega, anima á veciñanza e á clientela dos negocios de Ribadeo a aproveitar o Black Friday e as panchas, a moeda local de Ribadeo.
O rexedor dixo: “chegan datas especiais nas que todos facemos agasallos para os demais e incluso para nos mesmos. Os negocios locais de Ribadeo ofrecen estes días un amplo abano de descontos e promocións co Black Friday como reclamo. E si a esa campaña lle engadimos as panchas, a nosa moeda local ribadense, poderemos darnos algún capricho con ambos descontos”.
Vega lembrou que “por 30 euros calquera persoa obtén 40 panchas para gastar en calquera dos cen locais adheridos á moeda local de Ribadeo. Quero animar á veciñanza ribadense e de toda a contorna a aproveitar esta dobre oportunidade”. A campaña das Panchas rematará o 31 de decembro.

