Cos novos obradoiros de emprego Ribadeo actuará nos parques, xardíns e rotondas e programará accións culturais para contribuír á dinamización do rural.

novos obradoiros emprego ribadeo 1

Cos dous novos obradoiros de emprego Ribadeo actuará nos parques, xardíns e rotondas e programará accións culturais para contribuír á dinamización do rural.

O rexedor dixo: “teño que felicitar, sen lugar a dúbidas, ao Concello de Barreiros tamén os técnicos municipais do Concello de Ribadeo e á Xunta pola financiación. Estamos a falar dunha financiación que supera os 400.000 euros para os obradoiros tanto de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes como tamén o obradoiro de dinamización, programación e desenvolvemento de acciones culturais”.

Para Vega “apostar pola formación é algo moi importante, utilizar os obradoiros como obxecto de busca activa de emprego eu creo que é algo a subliñar. Dende logo, cando estivemos cos alumnos dixémoslles que a formación é importante, que non poden entender un obradoiro como un tempo onde hai un soldo e nada máis. Temos que dicírllelo e eles teñen que entender que é unha oportunidade formativa para esa busca de emprego”.

O alcalde contou que “o Concello de Ribadeo aportou a documentación necesaria para que poidamos ter ese obradoiro. Onde imos actuar no obradoiro de formación de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes? Vamos actuar no Parque de San Francisco, no Parque de Indianos, na pista de skate, na área verde da Atalaia, na zona axardinada do Cargadoiro, tamén nas rotondas que están situadas na Avenida de Asturias e Clemente Martínez Pasarón, na intersección entre Avenida de América, Avenida de Galicia e Virxe do Camiño e tamén na Avenida de Ría de Ribadeo. Son espazos que, sen lugar a dúbidas, temos que seguir coidando, seguir mimando, pero si podemos melloralos moito mellor. Creo que o imos facer, o Concello de Barreiros tamén determinou os seus espazos, moitos deles na zona rural”.

Dani Vega explicou que “na dinamización, na programación de desenvolvemento de acciones culturais, Ribadeo vai actuar na dinamización cultural do rural a través de talleres como pode ser a tecnoloxía móbil, a risoterapia, a pintura, as manualidades, tamén creo que é importante participar neses eventos culturais que estamos tendo por todas as nosas parroquias, nas actividades de Preto de Ti. Creo que Ribadeo é un dos concellos con máis actividades en todas as parroquias, un dos concellos que ten actividades concretas para as persoas é tamén as actividades da animación sociocultural tanto na residencia municipal como no centro de día a Concordia. Tamén actuaremos nos proxectos de xestión cultural de Ribadeo, poño como exemplo nas actividades onde poñemos en valor a persoas ilustres, o patrimonio artístico de Ribadeo, a historia…”.

E engadiu: “eu creo que é importante tamén deseñar e impulsar proxectos de animación físico-deportiva como pode ser Paseando pola vida. Son actividades importantes nas que van ter a oportunidade de interactuar con persoas e o máis importante é formarse para buscar ese emprego que é tan importante para que o Ribadeo siga medrando”.