Ribadeo realiza tarefas de conservación en espazos públicos e no mobiliario urbano.

031225 Foto tarefas mantemento

O alcalde, Dani Vega, contou que “desde o Concello estamos a facer o mantemento do equipamento municipal. Sendo conscientes que queda moito por facer, somos coñecedores de moitas problemáticas que hai e que quedaron totalmente abandonadas de anos anteriores, xa que non se facía ningún tipo de mantemento nin de conservación tanto de espazos como de equipamento”.

O rexedor dixo: “tamén sabemos na realidade na que vivimos, que non damos chegado tan rápido como queremos, pero o que hai que levar é unha planificación e unha programación da conservación do equipamento e tamén dos espazos. Xa fixemos moito, pero somos conscientes que queda moito por facer. E é o caso de como estaban as marquesiñas, os espazos públicos, columpios, parques, papeleiras, bancos… todo isto que se está facendo dentro dunha programación”.

Vega tivo palabras de agradecemento para os traballadores municipais: “agradecer a labor aos traballadores municipais que o están facendo, tamén son coñecedores de todos aqueles problemas que hai e non se quedan simplemente en dicir é o que toca, senón que tamén eles propoñen moitos dos traballos. Agradecer todo o se está a facer por parte dos traballadores municipais, a gran disposición que hai e pouco a pouco iremos chegando a todos os puntos”.

O alcalde lembrou: “nosoutros, desde o Concello, sempre o dicimos, é importante facer, pero é máis importante conservar todo o que se fai porque senón está pasando como agora, que temos que facer todo de golpe e gastar máis. Se hai unha conservación, hai unha boa programación de ter os espazos ben coidados, gastase moito menos e tamén están moito mellor as cousas. Levamos estes 2 anos e pico de goberno conservando, coidando os espazos e o equipamento que é de todos e que todos tamén debemos coidar”.

Ir o contido