Conmemoración do Ano Castelao 2025.

Conmemoración do Ano Castelao 2025.

O pasado venres 3 de outubro celebramos a conmemoración do Ano Castelao 2025 cunha xornada moi especial:

O alumnado desde 1º a 4º de Primaria gozou co espectáculo “Castelao para crianzas”, unha actividade enmarcada no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello. Unha proposta divertida e didáctica, que combina narración oral, música e ilustración, coa finalidade achegar ás novas xeracións a figura e obra de Castelao.

Ademais, presentouse o Certame de Microrelatos Ilustrados “Ano Castelao 2025”. As persoas participantes deberán presentar un microrelato inédito, escrito en lingua galega, acompañado dunha ilustración orixinal que complete ou dialogue coa narración, sobre a figura, pensamento, obra ou legado de Castelao.

Grazas a todos os centros educativos pola súa colaboración.

 

BASES CERTAME DE MICRORRELATOS ILUSTRADOS “ANO CASTELAO 2025"
Ir o contido