Concello e asociacións traballan xuntos para dinamizar Ribadeo.

Ribadeo non para. Este foi un sábado cheo de actividades. Concello e asociacións traballan xuntos para dinamizar Ribadeo.
Deron comezo pola mañá na contorna da praza de abastos coa celebración da I Feira do Mel, que se prolongou durante todo o día con cata e obradoiro de elaboración de velas.
A carón da lonxa celebrouse a IV Festa da Ría con mexillóns, ostras, empanada e música tradicional galega. O evento, que serviu para poñer en valor os produtos do mar e da ría, foi organizado pola asociación Catro Caños e polos Mariscadores a Pé O Cerredo. Centos de persoas se achegaron ata a carpa instalada no peirao a saborear e disfrutar desta proposta gastronómica e musical.
E máis de 250 persoas participaron no xantar da XIX edición da Carne ao Caldeiro, de Remourelle, na que se exaltou a tenreira rubia galega. Foi a edición máis numerosa dos últimos cinco anos, segundo os datos ofrecidos polo Concello de Ribadeo.

