Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron un convenio de colaboración para a mellora da área recreativa de Vilela.

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron un convenio de colaboración para a mellora da área recreativa de Vilela.

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron un convenio de colaboración para a mellora da área recreativa de Vilela. O investimento será de 82.000 euros. 

O alcalde, Dani Vega, explicou que “firmamos un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo, neste caso para actuar en Vilela para mellorar toda a área recreativa, todo o espazo onde fan distintas celebracións. A valoración que facemos desde o Concello é realmente moi positiva, hai que agradecer á asociación todo o traballo que fai neste caso, pero no día a día solicitando colaboración por parte das administracións, preocupándose na xestión diaria para ter máis cousas, neste caso en Vilela esta felicitación debemos estendela a todos os colectivos, a todas as asociacións, porque fan un traballo moi importante”.  

O rexedor dixo: “firmamos este convenio de colaboración coa Deputación. A Deputación dun orzamento total de 82.000 euros, vai aportar preto de 30.000 euros. E hai que agradecerlle ao deputado Dani García toda a colaboración que está tendo con nosoutros, todo este entendemento entre as administracións. Nosoutros sempre destacamos que o realmente importante é ter esa capacidade de xestión, non buscar diferenzas, non buscar tensións, senón atender a xestionar, atender a gobernar e atender a ter capacidade de entendemento con outras administracións. E neste caso a Deputación, que non é da mesma cor política, pero iso non ten nada que ver. O que si é o importante é que haxa ese entendemento e que teñamos acordos e que beneficie, neste caso a Ribadeo e concretamente a Vilela”. 

E engadiu: “son 82.000 euros de inversión. Agradezo á Deputación a colaboración. Agradezo de corazón todo o que está facendo a asociación porque é moi importante. Sempre digo nas reunións que teño cos veciños que é moi distinto unha parroquia, un lugar con asociación que sen asociación. Vamos seguir traballando, vamos seguir xestionando orzamento e vamos seguir colaborando e entendéndonos con todas as administracións”.

Ir o contido