Concello de Ribadeo e Acisa presentan a campaña “No Nadal, ti iluminas Ribadeo”
Concello de Ribadeo e Acisa presentan a campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo co obxectivo de fomentar a ambientación e a decoración navideña nos fogares e nos establecementos comerciais e hostaleiros da vila.
A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, indicou que “o que queremos é encher de luz e de ledicia cada recuncho de Ribadeo no Nadal. Por iso animamos a todas as veciñas e veciñas a adornar os seus balcóns, os seus portais, as súas casas… para que a nosa vila estea o máis guapa posible nesas entrañables datas”.
A edil ribadense sinalou que “o que pretendemos é que toda esa ambientación particular se una á que instala o Concello e que Ribadeo sexa unha vez máis un punto de atracción turística durante o Nadal para que a xente veña ver a nosa iluminación, veña facer as súas compras, veña pasear, facer fotos… que veña disfrutar a Ribadeo tamén no Nadal”.
A presidenta da Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “con esta iniciativa queremos recuperar e fortalecer unha tradición profundamente arraigada na historia de Ribadeo, na que as rúas e os comercios destacaban polas súas elegantes e creativas decoracións navideñas. Desde Acisa animamos ao tecido empresarial de Ribadeo, a comercios e locais hostaleiros, a iluminar o Nadal para realzar ese espírito que sempre caracterizou á nosa vila”.
Cruzado Iglesias engadiu: “esta campaña non ter carácter competitivo, non é un concurso, é unha acción voluntaria, á que agardamos que sume a veciñanza en xeral e os establecementos comerciais e hostaleiros en particular, por que No Nadal, ti iluminas Ribadeo”.
O acto de presentación da campaña tivo lugar no parque de San Francisco coa asistencia do alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez.