Compromiso cumprido cos veciños de Ribadeo. O Concello deu todos os pasos para que a Xunta poida licitar o proxecto do novo centro de saúde.

Compromiso cumprido cos veciños de Ribadeo. O Concello deu todos os pasos para que a Xunta poida licitar o proxecto do novo centro de saúde.

Compromiso cumprido cos veciños de Ribadeo. O Concello deu todos os pasos para que a Xunta poida licitar o proxecto do novo centro de saúde. O alcalde, Dani Vega, que fai unha valoración moi positiva tras a aceptación oficial por parte da Xunta dos terreos que ocupará esa nova instalación. 

O rexedor contou que “no día de onte aprobouse no Consello da Xunta a entrega dos terreos para a construción do novo centro de saúde. Dende logo, é unha satisfacción, é unha alegría que este paso xa se concretara, xa se puxera fin a toda unha tramitación administrativa burocrática, que nos levou máis dun ano, porque houbo que chegar a acordos, houbo que expropiar, houbo que facer todo un proceso administrativo para que se concretara aí a construción do novo centro de saúde, incluídas varias reformas urbanísticas para posibilitar a construción, soamente neste espazo, neste terreo,  para a construción de edificios de interese público”.

Vega dixo: “estamos falando dun centro de saúde, dun colexio ou dunha gardería, sempre nese obxectivo de edificios a servizo da comunidade. A partires de agora xa se empezará a redactar o proxecto de construción do centro de saúde e despois xa será a licitación para a construción. Queda moito traballo, queda moito que facer, pero o que é a tramitación e a entrega dos terreos e datos importantes, libres de cargas, está listo. Tamén todos os compromisos que adquiriu o Concello xa estamos cumprindo, que é urbanizar no seu entorno, darlle entrada a esa parcela, o cal a partir do mes de xullo vamos empezar as obras na Avenida de América, son 350.000 euros, que nos comprometemos nós, pero tamén fomos capaces de xestionar esa partida por parte da Xunta de Galicia para adecuar e mellorar todo ese espazo da Avenida de América”. 

O alcalde subliñou que “todo o traballo que se está facendo é moi importante, teño que felicitar tanto aos técnicos municipais, porque non se perdeu un día, pero levou moito tempo a tramitación, que foi bastante farragosa, tamén felicitar á Xunta de Galicia, aos técnicos e á Consellería, por entender que é algo prioritario para a Ribadeo e tamén felicitar ao conselleiro e ao presidente da Xunta por traballar conxuntamente para decidir esa inversión, unha nova inversión, estamos a falar de 7 millóns de euros que veñen para Ribadeo para ter un novo PAC, un novo centro de saúde,  tamén instalacións no entorno, aparcadoiro ou tamén xa ter no mesmo espazo o 061. Estamos falando de novas instalacións,  de novo equipamento, pero tamén de novos servizos sanitarios para Ribadeo. É unha mellora importante, é unha mellora que nós loitamos xa na oposición por este novo centro de saúde e agora desde o goberno o  que estamos é concretando cada día, pasos para ter este novo centro de saúde tan importante para todos”.

Ir o contido