Comezan as obras de mellora da rúa Buenos Aires, que suporán un investimento de 450.000 euros.

Comezan as obras de mellora da rúa Buenos Aires, que suporán un investimento de 450.000 euros.
O alcalde, Dani Vega, contou que “comezan as obras na rúa Buenos Aires, que contan cun orzamento de 450.000 euros. É unha obra financiada 100 % pola Xunta de Galicia e en consecuencia así llo trasladamos a Portos, á Xunta de Galicia, que tiñan que actuar nunha rúa da súa competencia”.
O rexedor subliñou que “son 450.000 euros na mellora do saneamento, na rede de abastecemento da auga, en toda a rede eléctrica, iso evidentemente non se ve porque vai estar por debaixo, e tamén vamos actuar na iluminación, nun novo pavimento, nunha plazoleta, así como na entrada do pavimento do auditorio, en consecuencia unha mellora por completo dunha rúa importante de Ribadeo, onde acolle tamén moito público para os eventos que se realizan no auditorio, tráfico, en definitiva, había que actuar”.
E engadiu: “así como actuamos noutras rúas agora actuamos na rúa Buenos Aires, son 450.000 euros, e así seguiremos xestionando orzamento para mellorar Ribadeo e as súas rúas”.

