Clausurado o Ribadeo Accesible

Clausurado o Ribadeo Accesible, que foi un éxito este verán na praia dos Bloques. Centos de persoas desfrutaron de baño adaptado, grazas ao traballo de Cruz Roja.

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “Ribadeo Accesible foi todo un éxito. Dende logo o traballo que fixo a Cruz Roja é para felicitalos, é para estar moi agradecidos por todo o que fixeron. Tanto as traballadoras e os traballadores de Cruz Roja fixeron un acompañamento continuado a todas esas persoas que teñen mobilidade reducida, que acudían á praia dos Bloques a disfrutar do entorno, a disfrutar da area e da auga, en definitiva, a disfrutar como todos os que acudimos ás praias”.

O rexedor declarou: “non só era acudir á praia dos Bloques e poder disfrutar do entorno da auga cunha silla anfibia, cun andador, coas muletas, é dicir co equipamento, era poñerlle cariño, era poñerlle o factor humano, que o que fai é unirse a esa persoa, que por desgraza ten a mobilidade reducida e tamén quere disfrutar dos nosos areais. E Cruz Roja fixo ese traballo de acompañamento, fixo ese traballo de estar ao lado da persoa e queremos trasladar o noso profundo agradecemento a Cruz Roja, tamén á Xunta de Galicia por financiar este proxecto e tamén a Área de Benestar Social, á Concellería que Elena Sierra coordina coas distintas traballadoras e traballadores, xa que fixeron un proxecto que, por certo, é o único que hai en todo Galicia con material, con equipamento, para que as persoas con mobilidade reducida disfruten dos nosos areais, pero poñéndolle o factor humano, a persoa que acompañe, que estea ao lado de esa persoa”.

O obxectivo para o vindeiro ano é achegar este servizo a outros areais de Ribadeo: “facemos unha valoración moi positiva e xa nos poñemos a traballar para o vindeiro ano para incrementar o Ribadeo Accesible. Este ano foi a praia dos Bloques, vamos analizar o resto dos areais, onde podemos incorporar a este proxecto para que, pouquiño pouco, de forma paulatina, vaian facéndose as praias, os areais, máis accesibles para todos”, engadiu Vega.

Ir o contido