Chega a Ribadeo Experiencias de Calidade. Os días 29 e 30 de agosto haberá degustacións na Praza de Abastos.

Chega a Ribadeo Experiencias de Calidade. Os días 29 e 30 de agosto haberá degustacións na Praza de Abastos.
O alcalde, Dani Vega, dixo: “Experiencias de Calidade, na Praza de Abastos de Ribadeo, dentro da actividade Gastropraza, en colaboración con Acisa e coa financiación da Xunta de Galicia, vamos realizar esas experiencias de calidade, seguir traballando e facendo pedagoxía sobre os produtos de calidade, sobre os produtos de proximidade e o venres 29 vai a ver unha degustación de queixos galegos que estean dentro das denominacións protexidas, todos os gañadores de ouro das catas dos queixos de Galicia que foron premiados no 2024 van vir todos a Ribadeo para facer esa degustación, esa demostración de queixos de denominación protexida. Tamén vai haber espazo para a tenreira rubia galega, para os viños galegos e para a artesanía de Galicia”.
O rexedor explicou que “o venres dende as 11 da mañá ata as dúas da tarde vai haber actividades que van dinamizar a Praza de Abastos e vamos ter posibilidade de degustar produtos de calidade e de proximidade. E o sábado, 30 de agosto, tamén haberá un espazo de artesanía alimentaria, un espazo gastronómico, para degustar produtos de IXP, volve haber espazos para a tenreira galega e tamén haberá catas deses viños premiados no 2024”.
E engadiu: “trátase dun espazo gastronómico que vai unido evidentemente coa Praza de Abastos e seguir facendo actividades dentro da Gastropraza, en colaboración con Acisa e co financiamento da Xunta de Galicia. Quedades convidados a visitar a Praza de Abastos tanto o venres 29 de agosto como o 30 de agosto”.

