Certame de Narración e Debuxo “Letras Galegas 2025”.

Certame de Narración e Debuxo

Despois da deliberación do xurado, xa coñecemos os traballos premiados no Certame de Narración e Debuxo “Letras Galegas 2025”.

Outro ano mais, a participación foi moi alta, pois presentáronse ao certame 140 narracións e 485 debuxos.

Moitas grazas aos centros de ensino pola súa colaboración e participación, e tamén ás integrantes do xurado.

Parabéns ás premiadas!

A entrega de premios será este domingo, día 25, ás 17:30 horas no Campo de San Francisco, dentro dos actos organizados polo Concello para a XI Feira Ribadense do Libro.

Os traballos seleccionados pasarán a concursar na Fase Provincial do certame, convocada pola Biblioteca Provincial de Lugo.

Ir o contido