Ata o domingo celébranse en Ribadeo as XX Xornadas Mar por Medio. No acto inaugural particitpou o presidente do Senado, Pedro Rollán.

190925 MAR POR MEDIO INAUGURACION

O presidente do Senado, Pedro Rollán, participou esta tarde na mesa inaugural das XX Xornadas Mar por Medio, que se desenvolven no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo ata o vindeiro domingo.

Nese acto xunto ao presidente do Senado estiveron o reitor da Universidade de Santiago, a viceconselleira de Turismo do Principado de Asturias, o director da Axencia de Turismo de Galicia, o presidente da Academia Xacobea, o deputado provincial de Recursos Sostibles, a concelleira de Cultura e o alcalde de Ribadeo. O encargado de moderar o coloquio foi o académico Lois Celeiro.

A primeira xornada pechouse co concerto de Manoele de Felisa.
Mañá ás 10:30 terá lugar a mesa redonda Galicia e Asturias unidas no Camiño. Para as 12:30 horas está prevista a conferencia De qué falamos cando falamos de Mar por Medio? Pola tarde ás 17:00 horas unha mesa redonda abordará A peregrinación: encontro de culturas. Os xubileos de Santiago, Roma e Xerusalén. Ás 18.30 horas nova conferencia sobre O Camiño de Santiago como modelo de turismo rexenerativo. A xornada do sábado concluirá coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo na igrexa de Santa Clara.

As XX Xornadas Mar por Medio concluirán o domingo, día 21, cun roteiro cultural ás 10 da mañá Tras os pasos da Orde Franciscana. E ás 13:00 horas terá lugar o acto de clausura.

Ir o contido