Ata o 31 de outubro pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición “Tan coma ti”.

Ata o 31 de outubro pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición

Ata o 31 de outubro pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición Tan coma ti da asociación Down Lugo, que foi inaugurada este mediodía. 

O alcalde, Dani Vega, contou que “Tan coma ti é unha exposición fotográfica que chega a Ribadeo, que estamos sendo un exemplo en políticas de integración,  de poñer no centro á persoa.  Esta exposición Tan coma ti está, organizada entre a asociación Down Lugo e o Concello de Ribadeo, o que pretende é sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de construír unha sociedade verdadeiramente inclusiva. É desmontar estereotipos, amosando que as persoas con síndrome de down pensan, actúan da mesma forma que as demais, teñan discapacidade ou  non teñan discapacidade”.  

O rexedor dixo que “estas 40 fotografías capturan momentos do día a día, realizando actividades. Esta exposición tamén convida ao espectador a facer unha reflexión sobre as similitudes que nos unen aos seres humanos, mais alá das diferenzas visibles, o obxectivo é unir, é dicir, somos todos iguais e poñemos no centro o valor da persoa. O obxectivo tamén é promover a inclusión,  o respecto, a empatía, desafiando os prexuízos e fomentando unha visión verdadeiramente máis xusta e equitativa dentro da diversidade humana”. 

Vega dixo: “teño que felicitar á Concellería de Benestar Social, que sigamos desde o Concello poñendo no centro á persoa, colaborando con todas as entidades, e neste caso con Down Lugo, que está facendo verdadeiramente un traballo de sensibilizar á cidadanía,  de acoller a todas as persoas, de acoller ás familias e de traballar conxuntamente con elas”. 

E engadiu: “esta é a primeira parte dunha serie de actividades que estamos facendo con esta asociación e esta exposición fotográfica desas 40 fotos que queren sensibilizar e que todos a que fagamos unha reflexión, somos todos iguais e debemos pensar no valor da persoa e actuar en consecuencia”.

Ir o contido