As praias de As Catedrais e Os Castros-Illas veñen de renovar as súas bandeiras azuis.

As praias de As Catedrais e Os Castros-Illas veñen de renovar as súas bandeiras azuis. O concelleiro de Medio Ambiente, Diego dos Santos, fai un balance positivo.
O edil dixo que “se trata dun recoñecemento ao traballo que se fai durante todo o ano para ter as nosas praias limpas e nas mellores condicións posibles. As esixencias son cada vez máis altas, nós seguimos cumprindo e os nosos areais veñen de renovar un ano máis este importante distintivo. E todo iso a pesares das dificultades coas que nos seguimos atopando para poder contar con máis socorristas”.
Diego Dos Santos tamén destacou a bandeira azul que recibe o porto deportivo de Ribadeo.

