As obras do abastecemento da auga marchan a bo ritmo.

As obras do abastecemento da auga marchan a bo ritmo.

As obras do abastecemento da auga marchan a bo ritmo. Os traballos estanse a desenvolver en Trabada e en Ribadeo. 

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “avanzan a moi bo ritmo as obras do abastecemento da auga, destacar que estamos a xestionar 7,5 millóns de euros, a maior inversión dos últimos anos e a mellor inversión porque estamos investindo para mellorar o abastecemento, toda a tubaxe, estamos a investir no importante, no prioritario. Estamos tendo datos certamente preocupantes, todas as administracións estamos lendo nos xornais que todos os Concellos están a ter recortes, están a ter pouco recurso hídrico, e están a tomar medidas que nos fan reflexionar”.

O rexedor lembrou que “cando chegamos ao goberno tiñamos moitas obras que facer e priorizamos o abastecemento da auga. É unha obra que non se ve, pero que se nota, é importante que nos deamos conta de que cando vas abrir o grifo da auga puidera ser que non botase absolutamente nada. Iso púidose dar en moitas ocasións en Ribadeo. Todos somos conscientes da escaseza da auga que temos en certos momentos e do nivel de roturas constantes e continuas que estamos tendo, estamos a perder máis do 20% da auga, iso convértenos en malos xestores, entón este Concello tiña que tomar unha decisión”.

Para Vega “Ribadeo volve ser un exemplo de inversión, volve ser un exemplo de toma de decisións. Cando outros Concellos priorizan outras inversións Ribadeo tomou a decisión de investir no abastecemento da auga e por iso estamos moi satisfeitos de conseguir esta obra. Felicitar a Augas de Galicia porque as obras avanzan a moi boi ritmo, neste momento están no concello de Trabada, xa están facendo actuacións no noso concello e vai cambiar por completo a calidade da auga. Démonos conta de que estabamos bebendo auga que discorría por tubaxes de fibrocemento, o cal xa a Unión Europea leva anos advertindo aos Estados membros da necesidade de investir na renovación da tubaxe”. 

E engadiu: “isto había que facelo hai corenta anos e este Concello tomou unha decisión correcta e que nos leva e nos converte en Concello punteiro de toda a provincia de Lugo en renovar tantos quilómetros de tubaxe de auga e tamén nos converte nun Concello que sabe priorizar e tomar decisións para investir no realmente importante, son 7,5 millóns de euros para renovar toda a tubaxe e ter unha auga de calidade e o recurso necesario e non ter que facer cortes no subministro durante o ano en períodos estivais e ter un recurso para toda a poboación. Seguiremos a traballar nesta liña e tamén para aproveitar todos os recursos hídricos que ten o noso concello”.

Ir o contido