As Escolas Deportivas de Inverno do Concello de Ribadeo contan este curso con 555 alumn@s, o que supón un 6’1% máis que no 2023.

071124 Foto escolas deportivas

As Escolas Deportivas de Inverno do Concello de Ribadeo contan este curso con 555 alumn@s, o que supón un 6’1% máis que no 2023.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “estamos moi satisfeitos con estas cifras. Temos que subliñar que nalgúns casos a presenza feminina nas escolas deportivas de inverno incrementouse en máis dun 50%”.

O edil ribadense subliñou que “Ribadeo acolle cada vez máis eventos deportivos, moitos deles femininos, o que fai que a xente nova se anime á práctica de deportes no noso concello. Desde o equipo de goberno seguiremos apostando por ilo”.

Silvent lembrou que “toda semente recolle os seus froitos. Gustaríame lembrar que o Concello de Ribadeo destina preto de 70.000 euros ás súas escolas deportivas co obxectivo de contribuír á práctica de hábitos saudables, dos valores e do esforzo que implica o deporte en conxunto ou de xeito individual”.

Ribadeo ofertou para este curso 12 disciplinas deportivas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica.