As Catro Calles acolleron a presentación da campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, organizada por Acisa coa colaboración do Concello e o financiamento da Dirección Xeral de Comercio.

As Catro Calles acolleron a presentación da campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, organizada por Acisa coa colaboración do Concello e o financiamento da Dirección Xeral de Comercio.
Na súa intervención o alcalde, Dani Vega, subliñou que “o que facemos hoxe é presentar esta campaña conxunta entre Acisa e o Concello de Ribadeo e financiada pola Xunta de Galicia. Acisa é un dos piares fundamentais do colectivismo e neste caso da representación de todos os empresarios de todo o sector económico da vila”.
O rexedor dixo que “Acisa organizou unha serie de actividades para agosto, pero tamén haberá moitas actividades durante todo o ano, porque en Ribadeo entendemos perfectamente o que é a desestacionalización e as programacións seguirán en outubro, en novembro ou en decembro”.
Para o alcalde ribadense: “acertou moito Acisa con este proxecto e a Dirección Xeral de Comercio detectoua que o exemplo do comercio en Galicia chámase Ribadeo e chámase Acisa. E eu creo que isto é froito do traballo que se ven desenvolvendo ano tras ano e coa colaboración de todos: a proposta por parte de Acisa, o financiamento por parte da Xunta e a colaboración institucional do Concello”.
E engadiu que “a clave do éxito está na colaboración entre o Concello e Acisa”.
A campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, vaise desenvolver do 14 ao 31 de agosto. Haberá moita música na rúa para animar as compras, Xoves Abertos no comercio, Mercado de Rúa, obradoiros de concienciación, actividades de multiaventura, ducias de premios, gastronomía e todo culminará cunha grande xornada de festa o 31 de agosto, que rematará co sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria.
No acto de presentación interviñeron a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Asistiron ademais a tenente de alcalde, Begoña Sanjurjo, e o presidente da Comisión de Festas, Gonzalo Lebredo.

