Arrincaron hoxe a pista de xeo e Ribaxogo.

Arrincaron hoxe a pista de xeo e Ribaxogo.

Esta tarde arrincaron a pista de xeo e Ribaxogo. O Concello organiza un amplo programa de Nadal para todas as idades con obradoiros, teatro, musicais ou actividades deportivas. 

O alcalde, Dani Vega, declarou: “hoxe comezan Ribaxogo, a pista de xeo e multitude de actividades durante este Nadal. Agradecer o traballo coordinado entre as Concellerías de Familia e Mocidade, que traballaron conxuntamente tamén para que todas as idades, todos os públicos, tiveran un Nadal para todos”. 

O rexedor subliñou a importancia da pista de xeo: “a pista de xeo xa é algo referente en Ribadeo, destacar que na provincia é o único Concello que ten pista de xeo, acollemos xente desde Oviedo ata Coruña e tamén de toda a provincia e de toda Galicia, que ven moita xente a estas actividades, concretamente á pista de xeo. Entendemos que é un gran impulsor para o noso comercio e para a nosa actividade económica e nosoutros vamos seguir apostando por actividades para todas as idades e para todos os públicos e tamén Ribaxogo”. 

Vega seguiu a relatar que “tamén hai que destacar que o 29 e o o 30 haberá actividades interactivas para toda a familia,  para todas as idades.  É importante que se pense en conciliar porque así as rapaces e os rapaces poden participar de todas as actividades. Cine en Cinelandia, tamén unha actividade cultural que debemos aproveitar e todos os musicais que vai haber aquí en Ribadeo, tanto o de Mago de Oz como o de Aladdín”.

E engadiu: “a chegada de Papá Noel por primeira vez en Ribadeo ou todo o que se está preparando na Cabalgata. A presenza tamén da Coral, da Banda Municipal, toda unha serie de actividades que hai que agradecer tamén a todos os colectivos, por exemplo o Magosto de Amigos da Gaita, agradecer tamén que se estea colaborando para enriquecer a vida cultural e o dinamismo que ten Ribadeo. Creo que é un Nadal, como dixen ao principio, para todas as idades, para todos os públicos, para facer de Ribadeo un referente de dinamismo e de actividades”.

O alcalde, concelleiras e concelleiros do equipo de goberno e representantes de Acisa asistiron á apertura da pista de xeo e de Ribaxogo. 

Ir o contido