Arranxada a fuga de auga que se producía este mediodía na rúa Antonio Otero, de Ribadeo.

Arranxada a fuga de auga que se producía este mediodía na rúa Antonio Otero, de Ribadeo.

Esta tarde quedou arranxada a fuga de auga que se producía este mediodía na rúa Antonio Otero, de Ribadeo, preto do peirao de Porcillán.

O alcalde, Dani Vega, contou que “alí rompeu a boca de rego do anel de ferro, que da servizo a práctica totalidade da nosa vila, o que ocasionou unha fuga de auga importante este mediodía. Ata a rúa Antonio Otero se desprazou persoal de Viaqua, que traballou durante horas para proceder ao arranxo desta avaría e para que Ribadeo non sufrise cortes no subministro de auga”. 

Vega tivo palabras de agradecemento para o persoal de Viaqua, “xa que grazas á súa rápida actuación a fuga quedou arranxada”. 

O rexedor engadiu que “houbo algún negocio hostaleiro do casco vello que se viu afectado por un corte puntual no subministro de auga. Desde o Concello pedimos disculpas e comprensión ante unha incidencia destas características”. 

Vega dixo que “os operarios tiveron que abrir un furado na rúa Antonio Otero para poder actuar e así solucionar esta avaría”. 

Ir o contido