Acisa e o Concello presentaron as novas bolsas para a campaña de Nadal do comercio asociado.

Acisa e o Concello presentaron as novas bolsas para a campaña de Nadal do comercio asociado. Son 15.000 unidades cofinanciadas pola Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, subliñou o traballo conxunto de Acisa, da Xunta e do Concello de Ribadeo para o tecido asociativo dunha vila moi viva e dinámica.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, agradeceu a colaboración de todas as administracións coas que traballa o colectivo empresarial ribadense.
Na presentación das novas bolsas participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, a tesoureira da asociación, Manoli Torviso, e o xerente, Jesús Pérez.

